TURISMO EN O IRIXO

Vive o Patrimonio Natural e Cultural en O Irixo

irixio cabalo egua blanco bosque
Abre ben os ollos ante as propostas que che presentamos. O municipio ofrece a posibilidade de acercarnos ao seu pasado un percorrido polos castros de Corneda, Orros e Souteliño, probas de poboamentos de fai miles de anos.
 
Por outra banda, son varias as igrexas parroquiais que completan a oferta cultural que presenta O Irixo: Igrexa de Santo Estevo de Cangues, as igrexas de San Xoán de Froufe, Santa María do Campo, a parroquial de Reádegos e Santiago de Corneda, todas elas barrocas de considerable riqueza ornamental nas fachadas.
 
A arquitectura relixiosa está representada tamén no municipio por distintos cruceiros e algún peto de ánimas en Loureiro, que por outra parte, proban a tradición canteira da zona.
mirador en o irixo

A gran riqueza que temos no noso Concello parte de tres piares fundamentais: As xentes, o patrimonio natural e o patrimonio cultural.

Descubre O Irixo

O NOSO POBO CHEO DE MAXIA

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2024. Todos os Dereitos Reservados