O vindeiro 16 de maio as @ferrenhas.do.testeiro actuarán no Concello do Irixo, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado ás cantareiras e á cultura popular oral
Esta actuación terá lugar na Casa do Concello do Irixo, trala presentación do libro “O Irixo, Memoria viva e morrediza”, por Xulio Dobarro Ferradás.
Será un acto aberto a toda a veciñanza, animádevos, celebremos a nosa cultura e a noso idioma!
