Antía López Civeira recibe a beca da Fundación Amancio Ortega

A alcaldesa de O Irixo, Susana María Iglesias Nogueira, fixo entrega da bandeira de Galicia co escudo de O Irixo a Antía López Civeira , unha das tres ourensás que este ano recibiron unha beca da Fundación Amancio Ortega.

Este Programa ten por obxectivo apoiar a estudantes de 4º da ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos.

Antía ten 15 anos, naceu en Loureiro (O Irixo) e cursou 4° da ESO no IES N°1 de O Carballiño acadando matrícula de honra en secundaria. Quere ser enxeñeira aeroespacial, encántalle ler, debuxar e pasar tempo en Loureiro escoitando as historias dos seus bisavós.

Neste mes de agosto, partirá para Tampa, Florida, onde convivirá cunha familia e levará a cabo a súa formación nun centro educativo local durante 10 meses.

Noraboa, Antía, desfruta moito desta inolvidable experiencia!

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Reunión de traballo coa Deputación

Hoxe a alcaldesa do Concello de O Irixo, Susana Iglesias, reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, para comentar as necesidades do municipio.

Axudas para entidades veciñais

O DOG publicou a convocatoria de axudas a entidades veciñais para este 2023. Está dirixido as asociacións de veciños, confederacións, federacións ou unións de asociacións,

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.