O gando é parte da alma do Irixo.
Porque si, temos unhas paisaxes impresionantes, pero non serían as mesmas se alá onde mires non houbese unhas vaquiñas pacendo pracidamente , unhas colmeas dando cor á montaña
ou unhas ovellas coidando dos años
.
O gando dálle vida ao noso rural, sustento a moitas familias e carácter á nosa terra.
Vacas, ovellas, cabras, porquiños, galiñas, abellas… criados con agarimo, con respecto e, na maior parte dos casos, coa sabedoría de quen leva xeracións coidando dos animais .
Porque aquí o gando non é só traballo: é tradición, é identidade, é orgullo.
E tamén é a sorte de saber o que comemos e a garantía de que todos eles levan unha boa vida.