Ayudas para la compra de pescado

🎣 O Bono Peixe da Xunta está en marcha! 🐟

A Xunta de Galicia impulsa este novo programa para fomentar o consumo de peixe e marisco frescos en peixarías e comercios minoristas de toda Galicia.

O Bono Peixe permitirá axudas de ata 50 € por persoa, que se liberarán a razón de 5 € por semana, acumulables ata un máximo de 25 €, para gastar ao longo de 10 semanas.

Estímase que o programa chegue a 50.000 persoas, xerando un impacto económico de polo menos 10 millóns de euros no comercio local e no sector pesqueiro.

📆 Prevese que os bonos estean dispoñibles ao longo do mes de xullo de 2025.

📌 Dende o Concello do Irixo manterémosvos informados/as sobre como solicitalos e en que establecementos se poderán usar.

♻️ Apoia o mar. Consume produto galego

Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250516/AnuncioG0427-120525-0005_gl.html