Ayudas para daños de jabalí 2026

O Concello do Irixo informa da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da Orde da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas para o ano 2026.

  • Persoas beneficiarias: poderán acollerse a estas axudas as persoas (físicas ou xurídicas) titulares de explotacións agrarias (inscritas no Reaga) ou de autoconsumo.
  • Importe Máximo: o importe máximo da axuda por persoa beneficiaria establécese en 2.750 €4
  • Ámbito temporal dos danos: a orde cobre os danos que se comuniquen dende o 11 de outubro de 2025 ata o 10 de outubro de 2026.

PASOS PARA SOLICITALA

1. Comunicación do Dano: tés un prazo máximo de tres días hábiles desde a produción dos danos para comunicalos. Debes facelo mediante unha chamada ao teléfono 012 (no horario hábil).

2. Presentación da Solicitude: o prazo para presentar a solicitude (Anexo II) é de un mes contado dende o día seguinte ao da comunicación do dano ao 012.

As solicitudes deben presentarse preferiblemente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

https://sede.xunta.gal.

Consulta o DOG para tódolos detalles e requisitos.