Ayudas para material escolar

Apoiar a educación é apoiar o futuro!

📚 o Concello do Irixo abre a convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2025/2026.

Esta axuda, pensada para as familias con fillos/as matriculados en educación infantil no CEIP Virxe da Pena da Sela, busca axudar cos gastos do inicio do curso. Cada axuda é de 50€ por neno/a ata esgotar o crédito dispoñible de 700€.

Podes solicitar a axuda se o teu fillo/a e ti estades empadroados no concello antes da data da publicación. Os fondos poden destinarse á compra de cadernos, mochilas, bolígrafos, libros de texto non gratuítos e moito máis.

Tés ata o 1 de outubro para presentar toda a documentación!

Atoparás toda a información e os modelos de solicitude na nosa sede electrónica: https://oirixo.sedelectronica.es/