📢 Axudas para persoas maiores de 65 anos
A Deputación de Ourense abre unha nova convocatoria de axudas para:
🏠 Adaptación funcional da vivenda habitual
🦽 Alugueiro de axudas técnicas (como cadeiras, camas especiais, etc.)
👉 Dirixido a persoas maiores de 65 anos que queiran mellorar a súa autonomía e seguir vivindo no seu fogar con máis seguridade.
💶 Ata 2.000 € por persoa.
📄 As axudas cobren o 100% dos gastos, incluído o IVE.
📅 Prazo de solicitude: 1 mes desde o sétimo día natural despois da publicación no BOP (2 de xuño de 2025).
📍 As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación de Ourense ou ante calquera dos rexistros válidos recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
Para a presentación da solicitude terá que utilizarse o formulario normalizado que está accesible
dende a páxina web da Deputación de Ourense: http://www.depourense.gal.
ℹ️ Compatibles con outras axudas, sempre que non superen o total do gasto.