O vindeiro martes, 15 de abril, teremos unha charla no Concello que nos traerá unha «Aproximación ao dano cerebral adquirido». ![]()
Esta charla atópase dentro do ciclo de sesións informativas de ‘Aproximación ao dano cerebral adquirido, organizada pola Federación «Dano Cerebral Galicia», que agrupa as 5 asociacións desta discapacidade que existen na nosa Comunidade Autónoma.
Nela, abordaremos as causas e secuelas do Dano Cerebral Adquirido, co obxectivo de crear conciencia sobre a prevención, así como tamén proporcionar información sobre os distintos recursos dispoñibles para o coidado do dano cerebral adquirido.
É unha actividade aberta, para todo tio de públicos. A isncrición poderá facerse no Concello, chamando ao 988 287 282. ![]()
Atopa máis información neste enlace!
