AVISO DE VAGA DE CALOR ![]()
Durante os próximos días agárdanse temperaturas moi altas que poden afectar á saúde, especialmente de persoas maiores, crianzas pequenas e quen padeza enfermidades crónicas.
Recoméndase:
Beber moita auga, aínda que non se teña sede
Comer lixeiro: máis froita, verdura e ensaladas
Permanecer en lugares frescos e ventilados
Evitar o sol directo e a actividade física nas horas centrais do día
Usar roupa clara, sombreiro e protección solar
Nunca deixar nenos ou maiores no coche con xanelas pechadas
Tamén se alerta de posibles niveis altos de ozono, que poden causar irritación, tose ou dificultade para respirar. É mellor reducir as actividades ao aire libre se notas malestar.
En caso de golpe de calor, chama ao 061 e intenta refrescar á persoa afectada.
Coidámonos entre todas e todos ![]()
