Día de la Tierra

No Concello do Irixo, estamos rodeados dunha natureza privilexiada que nos brinda vida e beleza.
Hoxe, no Día da Terra, convidámosvos, unha vez máis, a reflexionar sobre a importancia de preservar os nosos mananciais, ríos e montes.

Como? Con pequenos xestos cotiáns, como reducir o consumo de plástico, reciclar ou simplemente tirando o lixo no seu sitio ou recollendo o que atopamos polo chan. Son pequenas accións que podemos facer calquera e que contribúen a manter a nosa contorna limpa e saudable.

Coidemos xuntos do noso fogar común.