Día de las Letras Gallegas

O 17 de maio celebramos o noso idioma e a nosa cultura no Día das Letras Galegas. Este ano, rendemos homenaxe ao cancioneiro popular galego, á nosa herdanza máis valiosa.

Tal e como salienta a proposta:»A lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras»

Este 17 de maio, no Día das Letras Galegas, celebramos a poesía popular oral e ás mulleres que a mantiveron viva.

Grazas a elas, ás cantareiras, a nosa lingua e cultura seguen escoitándose, seguen presentes.

No Irixo sentimos orgullo das nosas raíces e da nosa lingua. Falemos galego, celebremos Galicia! 📚💬