Hoxe tivemos o privilexio de acompañar á nosa veciña Felisa González Domínguez no seu 100º aniversario.
Felisa é natural do Coto, na parroquia de San Cosme de Cusanca.
Muller loitadora e moi traballadora, querida por tódolos seus veciños.
Con 100 anos, Felisa aínda traballa o campo coidando a súa horta, metendo na leña…e axudando a quen o precise; sempre cun sorriso e cun brillo nos ollos que transmite toda a súa vitalidade, humildade e xenerosidade.
É un gusto compartir tempo con esta gran muller!
Parabéns, Felisa, polo século de vida!