Festa do cabalo y más actividades

Este ano temos un verán cargadiño de actividades para pequenos e maiores 🌞

👉 Desliza, elixe e apúntate, que non queremos que quedes sen plan:

📍 Festa do Cabalo e Feira do Tellado

Cabalos, tradición, comida, xuntanza e ambientazo!

🎭 Teatro: “Deus non quere calderilla”

Humor e retranca no auditorio da Casa do Concello.

🎶 Espectáculo infantil: Paco Nogueiras con Radio Bulebule

Música, alegría e diversión asegurada para toda a cativada!

🪄 Unha maxia diferente

Un espectáculo sobre igualdade con moita ilusión e moita mensaxe 💜

🎬 Cine ao aire libre: Wonka

A praza do Concello convértese nun cine de verán cunha peli doce coma o chocolate 🍫

💬 Vai facendo grupo e avisando á familia, veciñanza e amizades… que no Irixo non hai tempo para aburrirse! 🙌🏻