✨ Onte puxemos o broche final ao Obradoiro de Emprego Arrieiros V, nun emotivo acto celebrado en O Irixo.
No peche contamos coa presenza de:
👉 Marta Vázquez Guzmán, directora territorial en Ourense da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
👉 Fernando Rodríguez Redondo, alcalde de San Amaro e presidente da mancomunidade de concellos do Carballiño.
👉 Diana Sulleiro Lema, concelleira do grupo de goberno de Punxín.
👉 Xunto coa nosa alcaldesa, Rosa María Dalama Lousado.
Ao longo das súas cinco edicións, o obradoiro Arrieiros consolidouse como unha gran ferramenta de formación e inserción laboral, ofrecendo oportunidades e contribuíndo ao desenvolvemento do noso territorio.
💙 Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento/recoñecemento a tódalas persoas que participaron nestas cinco edicións: alumnado, equipo docente, administrativo e directivo.
Así mesmo, trasladamos o noso agradecemento á mancomunidade de concellos do Carballiño e aos concellos participantes neste obradoiro, San Amaro, Punxín e O Irixo, pola gran labor desenvolvida en cada un deles.
🌟 E, de maneira moi especial, queremos recoñecer o esforzo e compromiso demostrado no noso concello, que fixo posible que o Obradoiro Arrieiros V sexa un proxecto tan exitoso e enriquecedor para toda a nosa veciñanza.
Dende o Concello de O Irixo seguiremos apostando pola formación e polo emprego de calidade para construír un futuro mellor para todas e todos. 🙌
