A estrada de Alemparte xa loce o seu novo firme

Hoxe compartimos con orgullo o resultado da mellora da estrada de acceso ao pobo de Alemparte (Loureiro).
Unha vía que non é só un camiño, senón parte da vida diaria dos seus veciños e das historias que unen o rural.

Esta é unha obra acordada, deseñada e impulsada polo actual grupo de goberno do Concello de O Irixo, coa súa alcaldesa ao fronte, cunha aposta clara por infraestruturas de calidade e pensadas para durar.

Tras a limpeza do pavimento, a mellora das cunetas e drenaxes e a pavimentación en aglomerado en quente, conseguimos unha estrada máis segura, máis cómoda e preparada para moitos anos de uso.

A actuación atópase na súa fase final, e nos próximos días realizaranse pequenos remates e axustes previos á recepción definitiva da obra.
O resultado xa é visible e supón unha mellora clara e significativa para o lugar.

Un investimento que revaloriza o entorno, coida o territorio e fortalece o compromiso do Concello de O Irixo coa mellora continua do noso rural.

📸 Aquí vos deixamos as imaxes do resultado dos traballos ata o de agora.

🙏 Grazas aos veciños e veciñas de Alemparte pola súa paciencia e colaboración durante o proceso.
Esta mellora é para vós, para o presente e para o futuro do lugar.