Axudas para corrixir o impacto urbanístico

Axudas de ata 3.000 euros para rematar co “feísmo” urbanístico! Xa está aberto o programa de axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a particulares da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Que actuacións son subvencionables?

🧱 Revestir e pintar fachadas actualmente rematadas en ladrillo, bloque de formigón, formigón ou morteiro de cemento.
🏡 Remate, renovación ou substitución de cubertas.
🏙️ Remate ou renovación de cubertas de ‘uralita’ para colocar tella cerámica/lousa en función da comarca.
🔓 Recuperación, restauración ou revestimento de muros de peche.
🟩 Recuperación, restauración ou arranxo de muros de pedra tradicional para evitar a súa perda.

🏘️ A quen vai dirixido?
Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha das actuacións establecidas no ordinal segundo da resolución.

ℹ️ Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes.

Se precisades máis información ou axuda na tramitación podedes pasarvos polo Concello. Estamos para axudar! Estamos para axudar!

Máis información no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230117/AnuncioG0192-121222-0003_gl.html

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

Concello do Irixo - Desenvolvido por SOC - Smile & On Fire Communication © 2022. Todos os dereitos reservados