Axudas para mellorar a eficiencia enerxética das vivendas

💡 Se estás pensando en mellorar a túa vivenda, esta axuda pode interesarche!

🟢 Xa está aberta a convocatoria do Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan NextGenerationEU.

🏡 Dirixido a vivendas unifamiliares ou en edificios residenciais, con subvencións de ata o 40% do investimento, cun máximo de 3.000 € por vivenda.

📅 Podes presentar a túa solicitude entre o 8 de maio e o 8 de xullo de 2025.
💻 Só de forma electrónica a través da sede da Xunta: https://sede.xunta.gal

🔎 Máis info en igvs.xunta.gal ou na web do Concello de Marín.