Empresas dispoñibles para a limpeza de parcelas no Concello do Irixo

Co fin de facilitar a xestión das parcelas situadas nas franxas de seguridade contra incendios, o Concello do Irixo pon á disposición dos veciños un listado de empresas de xestión forestal interesadas en realizar labores de limpeza e desbroce ✅🌲✂️ Lembramos que a responsabilidade da limpeza destas parcelas recae nos seus propietarios, sendo fundamental para […]

TERMALISMO contra a soidade

O 23 de marzo dará comezo o programa de “Termalismo contra a soidade” 🧖‍♀️, organizado pola Deputación de Ourense. ➡️ Destinado a persoas maiores que viven soas ou persoas que os servizos sociais municipais consideren como oportuna a súa inclusión no programa. 👵🏻👴🏻. No caso de prazas vacantes, poderán ser ocupadas por persoas interesadas que […]

AXUDAS para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios e outros desastres

 Novas axudas para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e agrupacións forestais de xestión conxunta 🌳🌳. 📑 Tódalas bases están publicadas no DOG n°16 do 24 de xaneiro. 🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250124/AnuncioG0426-301224-0002_gl.html 🔗 👉🏻 Queres máis información? Achégate ao Concello! 

Aberto o prazo de solicitudes para o programa provincial de Termalismo Social 

A Deputación abriu onte, martes 28 de xaneiro, o prazo de solicitudes para o programa provincial de Termalismo Social nos balnearios da provincia. 🧖‍♀️🧖‍♂️ Toda a información desta iniciativa termal provincial poderase consultar en: 👩🏽‍💻🔗 www.termalismourense.com E en 4 liñas telefónicas específicas, en horario de 8.30h a 14.30h 🕢📅:  📞 988317760📞 988317766📞 988317770📞 988317762

AXUDAS para a compra de maquinaria

Axudas para a compra de maquinaria e equipamento en empresas non agrarias! ⚒️ 👉🏻 Dirixidas a autónomos/as e pequenas empresas do rural galego. 👉🏻 Para ampliar ou modernizar a túa empresa e mellorar a competitividade. 📅 O 29 de xaneiro, publicaranse no DOG tódolos requisitos e prazos de solicitude. Se precisas máis información, achégate ao […]

AXUDAS para rehabilitar infravivendas

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para rehabilitar infravivendas en concellos galegos de menos de 10.000 habitantes! 🏡 👉🏻 Destinadas a unidades de convivencia propietarias sen recursos para acometer obras de habitabilidade mínima. 📅📑 Están publicados no DOG tódolos requisitos!  🔗 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250117/AnuncioC3Q2-080125-0001_es.html Achégate ao Concello se precisas máis información!