Charla “Aproximación ao dano cerebral adquirido”

O vindeiro martes, 15 de abril, teremos unha charla no Concello que nos traerá unha “Aproximación ao dano cerebral adquirido”. 🧠

Esta charla atópase dentro do ciclo de sesións informativas de ‘Aproximación ao dano cerebral adquirido, organizada pola Federación “Dano Cerebral Galicia”, que agrupa as 5 asociacións desta discapacidade que existen na nosa Comunidade Autónoma.

Nela, abordaremos as causas e secuelas do Dano Cerebral Adquirido, co obxectivo de crear conciencia sobre a prevención, así como tamén proporcionar información sobre os distintos recursos dispoñibles para o coidado do dano cerebral adquirido.

É unha actividade aberta, para todo tio de públicos. A isncrición poderá facerse no Concello, chamando ao 988 287 282. 📞

Atopa máis información neste enlace!

https://danocerebralgalicia.org/gl/actualidade/ciclo-de-sesions-informativas-de-aproximacion-ao-dano-cerebral-adquirido