Charla “Mulleres forestais: plantamos futuro”

🌲 Mulleres forestais: plantamos futuro 🌲​

O vindeiro 12 de abril, o Salón de Actos do Concello do Irixo acollerá unha charla sobre o papel fundamental da muller na industria forestal-madeireira e os diversos perfís profesionais neste sector.​

Detalles do evento ℹ️:

📆 Data: 12 de abril de 2025​

🕢 Hora: 17:00 – 19:00​

📍 Lugar: Salón de Actos do Concello do Irixo​

📋 Inscricións e máis información: Asociación Mulleres Autónomas Rurais de Galicia (AMARUGA)

📞Teléfono: 981 587 565​

✉️ Correo electrónico: mulleresautonomas@gmail.com​

Esta iniciativa, cofinanciada pola Axencia Galega da Industria Forestal, busca visibilizar e fortalecer o papel das mulleres nun sector clave para o desenvolvemento sostible de Galicia.​