CHEGA O MAGOSTO DO IRIXO 2025!

Xa está todo preparado para celebrar unha das nosas festas máis tradicionais! O Concello do Irixo convídavos a desfrutar dun Magosto popular coa mellor comida e ambiente.

🗓️ SÁBADO 8 DE NOVEMBRO
⏰ 14:00 h. (Precedida de Sesión Vermú)
📍 LUGAR: PAVILLÓN MUNICIPAL (Para garantir a comodidade, vémonos a cuberto!)

🍽️ COMIDA POPULAR

Goza dun menú completo por 7€ (Adultos) que inclúe:

🥓 Empanada, chourizos e panceta
🌰 As mellores castañas asadas
☕️ Postres variados, chocolate, café e chupitos
🍷 Viño, augas e refrescos
👧👦 Nenos e nenas menores de 8 anos: GRATIS!

🎤🎶 A sobremesa e o resto da tarde estarán amenizadas pola actuación dun DÚO MUSICAL!

———————————————

🎟️ ENTRADAS (Non quedes sen a túa!)

Podes mercar os teus tickets nos seguintes establecementos:

📍Casa do Concello
📍Casa Sergio
📍Casa Gabán
📍Bar O Cruce no Tellado

📆 Data límite de venda: Mércores 5 de Novembro.

Agardámosvos a todos e todas para celebrar xuntos esta festa! 🍂