Día da auga

O Irixo é terra de mananciais e ríos que dan vida á nosa contorna 🏞️.

Ríos, regueiros, fontes…e incluso nas cunetas. Só fai falla observar un chisco ao noso redor para ver que poderiamos considerarnos ricos simplemente coas paisaxes que nos rodean, protagonizadas sempre por estampas verdes 🌳 onde nunca falta a auga.

Por iso hoxe, no Día Mundial da Auga, queremos lembrar o afortunados que somos e a importancia de protexer e conservar este recurso vital.

Cada gota conta! 💦