Inauguración da Casa do Pobo de Coucieiro

Inauguración da Casa do Pobo de Coucieiro, un espazo feito con agarimo, esforzo e ilusión pola Asociación Veciñal.

Esta casa é moito máis ca un edificio: é un lugar de encontro, de crear momentos compartidos e memoria conxunta para un futuro. Un fogar para a veciñanza.

Parabéns a todas as persoas que o fixeron posible!