O Concello do Irixo e a Deputación de Ourense fomentan a lectura.
Informamos de que o Concello do Irixo se adheriu ao Plan de Lectura Provincial, unha iniciativa para facilitar a adquisición de libros a menores de idade.
Aquí tes todos os detalles que debes saber:
- QUEN SE BENEFICIA? 👦🧒
Nenos e nenas (menores de 18 anos) que estén empadroados no Concello do Irixo. - A AXUDA
Subvención de 20 euros para a compra dun único exemplar á súa escolla.
Se o libro supera os 20€, a diferenza deberá ser achegada polo/a interesado/a. - PRAZO LÍMITE
As adquisicións de libros realizaranse dende o 15 de Outubro de 2025 ata o 20 de Decembro de 2025.
⚠️ IMPORTANTE: o formulario de solicitude está dispoñible na seguinte ligazón:


