O Concello de O Irixo informa á veciñanza da súa participación no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais da Deputación de Ourense (CooperOU). Este plan supón un importante apoio financeiro para o noso municipio.
A Deputación de Ourense subvenciona este conxunto de actuacións cun importe de 131.254,57 €.
Investimento en servizos esenciais para a cidadanía
Os fondos do Plan CooperOU destinaranse a financiar diversas actuacións e servizos clave para o desenvolvemento e benestar do Irixo.
Entre as actuacións financiadas atópanse:
- Servizo de transporte en autobús.
- Seguros municipais.
- Combustibles e carburantes.
- Suministro eléctrico.
- Asesoramento técnico.
- Actividades culturais e deportivas.
- Mantemento web e redes sociais.
Esta colaboración entre o Concello de O Irixo e a Deputación de Ourense é fundamental para mellorar a calidade dos nosos servizos e seguir impulsando a actividade no municipio.