Descobre O Irixo
Roteiro dos Castros
Dende O Irixo de Arriba ata Valdesoiro, o percorrido do carreiro visita lugares moi humanizados dende antigo.
Hoxe, debido ao despoboamento, a natureza reclama o seu terreo e os bosques e plantacións silvícolas bordean o roteiro.
É un trazado suave que pasa polo derruído muíño de Valcobo, xunto ao río Coedo. Unha canle de auga achéganos ata a variante do carreiro que sobe ao Coto do Castro, onde quedan restos dos muros, pouco visibles, da muralla do Castro de Orros.
En Paredes, hai que facer un pequeno desvío para ver os restos do seu conxunto de hórreos. Logo, a senda descende ata Os Casares e, tras unha pequena costa, achegaranos a Valdesoiro.
Neste percorrido podemos atopar tradicionais hórreos mixtos construídos en pedra e madeira. Aquí, normalmente, non se apoian en pés, senón en cepas (muros ou pezas transversais, do mesmo ancho que a cámara) e poden ter teito de lousa ou de tella.
Situación
Concello do Irixo (Ourense)