Servizos sociais
No Concello de O Irixo
Os programas sociais, unha atención preferente no presuposto municipal.
Os capítulos de transferencias de capital e de bens correntes e servizos son os de maior cuantía económica no presuposto municipal de O Irixo.
Servizo de atención temperá
Este servizo está xestionado pola Mancomunidade do Carballiño. Son un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0-6 anos, á familia e ó entorno, que teñen como obxectivo dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos con trastornos no seu desarrollo ou que teñen risco de padecelos.
Servizo de prevención de conductas aditivas
É un recurso público e gratuíto para as poboacións da Mancomunidade de concellos de O Carballiño acreditado pola Consellería de Sanidade.
Desenvolve actuacións e programas orientados a reducir e evitar o uso e abuso de sustancias aditivas e outras conductas aditivas sen sustancias como o mal uso de TICs, videoxogos, apostas… e os seus problemas asociados, así como promover hábitos de vida saudables entre a poboación e unha cultura comunitaria e vida sa.
Infórmate e pide cita.
Inés Meizoso
Psicóloga e Técnica de Prevención
- Phone:+1 (859) 254-6589
- Email:info@example.com
SEAF - Servizo de Educación e Apoio Familiar
Quen somos? .
Un servizo educativo e psicosocial de prevención, intervención e apoio dirixido ás familias e a toda a comunidade.
.
Que facemos? .
Ofrecer apoio socioeducativo integral ás familias como marco de referencia onde se
desenvolven as persoas, coa finalidade de promover a súa calidade de vida e benestar social.
Ubicación
Mancomunidade de Concellos da Comarca de O Carballiño (Ctra. Carballiño-Cea s/n, Seoane).
Casa Consistorial Concello de O Irixo.
Teléfonos
988 27 40 10
671 63 51 72.
Equipo profesional
formado por profesionais da Educación Social.
Horario de atención ao público
Casa Consistorial Concello O Irixo.
Luns, martes e venres de 9:00h a 14:00h
Mancomunidade dos Concellos da Comarca do Carballiño.
Mércores e xoves de 9:00h a 14:00h
Servizo gratuito de conciliación familiar
O Concello de O Irixo conta cun servizo gratuíto de conciliación familiar coa vida laboral, O Irixo Concilia,
destinado ás familias con nenas e nenos matriculados no C.E.I.P. Virxen da Pena da Sela.
É un servizo de conciliación gratuíto, financiado ao 100% polo Concello de O Irixo e pensado para axudar ás
familias a conlevar o coidado dos/as fillos/as co traballo, así como mellorar e desenvolver a nivel educativo
aos participantes.
O horario deste servizo é:
– Mañás: 8:30 a 9:30 horas.
– Tardes:
Luns a xoves: de 16:00 a 18:00 horas.
Venres: de 13:30 a 15:30.
Deste xeito, as familias poden deixar aos seus nenos e ás súas nenas no servizo segundo as súas propias
necesidades, e no mesmo oes nenos e nenas estarás atendidos por monitoras especializadas que ademáis de
axudarlles a facer os deberes, programan unha serie de actividades dirixidas, como manualidades,
contacontos, xogos de mesa, deportes ao aire libre…para facer divertida a súa estancia no mesmo os/as
nenos/as que se quedan no mesmo.
Para máis información poden chamar ás oficinas do Concello ao 988 287 400 en horario de 9:00 a 14:00
horas.
CIM - Centro de Información á Muller
Ubicación
Faustino Santalices, nº 10, entrechán.
Atención psicolóxica
Tódolos días pola mañá.
Martes de 15:00 a 19:00.
Teléfonos
988 53 10 76.
Atención xurídica
Venres de 8:00 a 14:30.
Ubicación
Tódolos días pola mañá.
Martes de 15:00 a 19:00.
Horario de atención ao público
De Luns a Venres, de 09:00 a 14:30.
Traballadora social
de 9:00 a 14:00 horas.