O Concello de O Irixo conta cun servizo gratuíto de conciliación familiar coa vida laboral, O Irixo Concilia, destinado ás familias con nenas e nenos matriculados no C.E.I.P. Virxen da Pena da Sela.
É un servizo de conciliación gratuíto, financiado ao 100% polo Concello de O Irixo e pensado para axudar ás familias a conlevar o coidado dos/as fillos/as co traballo, así como mellorar e desenvolver a nivel educativo aos participantes.
O horario deste servizo é:
– Mañáns: 8:30 a 9:30 horas.
– Tardes:
Luns a xoves: de 16:00 a 18:00 horas.
Venres: de 13:30 a 15:30.
Deste xeito, as familias poden deixar aos seus nenos e ás súas nenas no serizo segundo as súas propias necesidades, e no mesmo oes nenos e nenas estarás atendidos por monitoras especializadas que ademáis de axudarlles a facer os deberes, programan unha serie de actividades dirixidas, como manualidades, contacontos, xogos de mesa, deportes ao aire libre…para facer divertida a súa estancia no mesmo os/as nenos/as que se quedan no mesmo.
Para máis información poden chamar ás oficinas do Concello ao 988 287 400 en horario de 9:00 a 14:00 horas.