O 23 de marzo dará comezo o programa de “Termalismo contra a soidade” 🧖♀️, organizado pola Deputación de Ourense.
➡️ Destinado a persoas maiores que viven soas ou persoas que os servizos sociais municipais consideren como oportuna a súa inclusión no programa. 👵🏻👴🏻. No caso de prazas vacantes, poderán ser ocupadas por persoas interesadas que non teñan acceso prioritario.
📍O programa desenvolveráse no balneario de Caldas de Partovia, realizando actividade física de mantemento adaptada á auga termal mineromedicinal.
📋🧾 A inscripción e o pago realizaránse no propio Balneario, o centro termal establecerá o importe inicial e os prazos de pago das cantidades restantes. Previamente debe reservarse a praza dirixíndose aos servizos sociais municipais.
ℹ️📲 Se queres máis información, pregunta no Concello ou chama ao teléfono de información da Deputación de Ourense: 988 31 77 73.