ÁRBORES EMBLEMÁTICAS

Vive o Patrimonio Natural y Cultural en O Irixo

O BOSQUE

O bosque atlántico, formado por árbores de folla ancha e caediza, no que a árbore dominante é o carballo, é a formación vexetal típica á que conducen a situación xeográfica e o clima de Galicia.
 
Coñécese tamén como monte, que podemos dicir que é un bosque primario, pouco afectado pola acción do home.
 
Os montes ou bosques antigos non son todos primarios, a maioría son secundarios ou rexenerados a partir de monte primario que foi destruido ou moi modificado pola acción do home.
 
Nestos bosques secundarios non se alcanza o grao de biodiversidade, riqueza en especies, do bosque primario. Este bosque caracterízase pola abundancia de especies de copa espesa que impiden que a luz do sol llegue ao solo, o que provoca que la temperatura e a humidade se manteñan case constantes e así poden vivir nel moitas especies de animais e vexetais.
 
A especie dominante suele ser algunha especie de carballo (Quercus).
O Bosque O Irixo
No caso de O Irixo podrían considerarse restos de monte orixinal, as carballeiras que se atopan na taza do río Lobagueira na zona de Froufe e Espiñeira, sendo a máis modificada na taza do río Viñao ea zona de Reádigos.
A especie dominante no Irixo é o carballo común e atopamos tamén bidos, alisos nas orillas dos regatos, fresnos, algún acebo e espiños (pereira brava, maceira brava, ameixeira brava), sanguiños, saúcos, laureis e abeleiras.
Na zona de Reádigos hai algúns alcornoques e outras especies de carballo.

A CARBALLEIRA

Pode considerarse bosque natural (monte) no que predomina o carballo ao ter unha orixe antrópica, cultivada polo home, para favorecer o crecemento do carballo que se empregaba como combustible e como madeira e no que as outras especies propias do bosque quedaban moi reducidas en número e exemplares.
A maioría das carballeiras que temos en O Irixo terían esta orixe. Outra finalidade da carballeira é a festiva. Trátase de plantacións no marco donde só hai carballo, para ter un sitio con sombra no que celebrar a feria (carballeira do Tellado) ou unha romaría ou festa (carballeiras do Campo e da Pena da Silla).
As carballeiras fóronse sustituíndo por plantacións de piñeiros e de eucaliptos e quedan reducidas a sitios de difícil acceso.
A Carballeira O Irixo

OS SOUTOS (CASTIÑEIRAS)

Son terreos poblados por castaños (Castanea sp.) e algunha especie máis, propia do monte galego. En xeral, son formacións monoespecíficas prantadas polo home para a explotación da madeira, moi apreciada, e polo froito (ata a introducción da patata, a castaña era alimento básico da nosa poboación).
Nos soutos atopamos árbores moi vellas, de moitos centos de anos, con rodaxas gruesas e coas cicatrices das podas, dos inxertos e das queimas.
Unha práctica no cultivo do castaño é a formación de caracochas: córtas a arbore a pouca altura para aproveitar a madeira e queda un pé moi gordo e de pouca altura no que medran de novo as ramas. Nos soutos máis antigos de O Irixo, nas parroquias de Froufe e de Reádigos, pódense observar fermosos exemplares de castaño en caracocha.
Castiñeiras O Irixo

ÁRBORES EMBLEMÁTICAS

AS MÁIS GRANDES, EN TODOS OS SENTIDOS

ÁRBORES EMBLEMÁTICAS

CARBALLA CAMPINAS E PONTE ROMANO

4,60 m de perímetro a 1,30 m do chan, 5,70 m a ras del chan.

árbores emblemáticas o irixo
árbores emblemáticas o irixo
árboles emblemáticas o irixo
árbores emblemáticas o irixo

ÁRBORES EMBLEMÁTICAS

CASTIÑEIRO DE SURRIBAS- FROUFE

Perímetro de 4,70 m a 1,30 m do chan e 5,30m a ras del chan.

ÁRBORES EMBLEMÁTICAS

CORTICEIRA DE MUNÍN

árboles emblematicas o irixo

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2022. Todos os Dereitos Reservados