🛣️ Mellora das estradas do Concello de O Irixo 🛣️
O Concello de O Irixo vén de aprovisionarse de 10 toneladas de asfalto co obxectivo de acometer, nas vindeiras datas, traballos de bacheado nas estradas municipais.
Estas labores comezarán en canto finalicen outras actuacións prioritarias dirixidas a garantir o subministro de auga e outras actuacións urxentes que requiren dos operarios municipais.
📢 Se coñeces algunha zona con baches que precise arranxo, avísanos:
📞Chamando ao 988 28 74 00 (Concello)
📲 Enviando unha mensaxe de WhatsApp (só mensaxes) ao móbil municipal 631 56 74 67 .
Podes indicar a localización e/ou enviar unha foto para que poidamos localizalo e incluílo na planificación e reparalo cando a situación o permita.
👷♂️ Seguimos traballando para mellorar a seguridade e o confort das nosas vías.



