MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NA CASO DO CONCELLO – PR 486D

Subvención para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestrcturas vinculados á prestación de servizos municipais, cofinanciado nun 60% pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021 – 2027.

O Concello do Irixo mellora a eficiencia enerxética da Casa do Concello cunha subvención da Xunta cofinanciada pola Unión Europea

O Concello do Irixo realizou obras de mellora da eficiencia enerxética na Casa do Concello, financiadas a través das subvencións a concellos de Galicia para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais (PR486D), convocadas pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia para o período 2025-2026 e cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

O obxectivo principal destas axudas é fomentar a eficiencia enerxética nos edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais. O resultado que se pretende acadar é a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e do consumo de enerxía primaria non renovable.