Servizo concilia O Irixo
Un ano máis comprácenos poñer en marcha o SERVIZO DE CONCILIACIÓN do colexio Virxe da Pena da Sela de O Irixo. Nesta ocasión comezaremos o día 4 de Octubre luns, ofertando os seguintes servizos:
- FAMILIAS MADRUGADORAS: DE 8.30 h a 9:30 h.
- SERVIZO CONCILIA EXTRAESCOLARES: DE 16:00 h. a 18:00 h. (venres de 13:15 a 15:15 h)
A fin de realizar os grupos e organizar as actividades a desenrolar, pregamos a aqueles nais/pais que precisen do servizo a inscripción no mesmo, agradecemos completes o seguinte cuestionario.
Logo de obtida esta información, e en función do número de alumnos/as que demanden o servizo procederemos a convocarvos a unha reunión para informar das actividades a desenrolar, e escoitar as vosas peticións e suxerencias a fin de manter vivo e mellorar entre todas/os a oferta de actividades extraescolares.
Estamos a vosa disposición para resolver calquera dúbida no teléfono 988287400 ou no mail desenvolvemento@irixo.gal
Agradecemos de antemán a vosa colaboración
Formulario de inscrición
Camiña pola igualdade
¡ATENCIÓN! MODIFICACIÓN DE DATAS: REALIZACIÓN DA ANDAINA O SÁBADO 23 DE OUTUBRO.
Por mor do comezo da temapada de caza, e posto que o percorrido proposto atravesa o coto de caza, vémonos na obriga de cambiar a data a fin de ser precavidos e preservar a seguridade dos/as participantes.
Camiñemos xuntos pola igualdade!
Recorrido dende o colexio público de O Irixo, pasando por as minas de wolframio e muiño de Irixe, montes de Baxín, As Campinas, Esfarrapa, As Laxas e retorno o punto de inicio. Con un recorrido total de o redor de 10 kilómetros con unha dificultade media
Contaremos coa opción de andaina infantil de menos de 5 kilómetros.
Por suposto durante o percorrido disporase de abituallamento e ambulancia por si fora preciso.
CONTAMOS CONTIGO!!!
Formulario de inscrición o Circuito Camiña pola igualdade
II Encontro músico-cultural en O Irixo
A banda de gaitas de O Irixo convídanos a pasar unha tarde de música tradiconal compartida cos Amigos do acordeón das Terras de Celanova, e que porá remate a velada con un concerto do grupo de folk galego Leirabuxo.
Celebrarase na praza do concello de O Irixo dende as 19:30 horas da tarde.
Verán cultural e deportivo 2021
Este verán contamos con múltiples actividades de lecer e deporte, toma nota, porque contamos contigo!


ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN
A Secretaría Xeral de Igualdade, pertencente a Consellería de Emprego e igualdade da Xunta de Galicia, ven de conceder duas subvencións o Concello de O Irixo mancomunado co Concello de San Amaro, para os seguintes programas:
- Programa Concilia (impartido nas instalación do colexio de O Irixo), que engloba familias madrugadores e atención os cativos/as despois do horario escolar e ata as 8 da tarde.
- Campamentos de Nadal, Semana Santa e Verán (impartido nas instalacións do colexio de San Amaro), para facilitar a conciliación das familias en épocas non escolares.
- Actividade de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención contra as mulleres. Coa realización de duas andainas, unha no concello de San Amaro e outra no concello de O Irixo, ambas organizadas baixo o lema “Camiña pola igualdade”
Estache Bo en O Irixo – Carnicería Ferradás
O concello de O Irixo adhírese o Pacto de Alcaldes polo clima e a enerxía
O Concello de O Irixo aprobou en pleno a adhesión o Pacto de Alcaldes polo clima e a enerxía, a fin de estudar e os posibles cambios a realizar no noso concello para a loita contra o cambio climático.
Podedes atopar mais información na web: https://pactodosalcaldes.gal/
Mellora de camiño entre A Rúa e Alemparte – parroquia de Loureiro
O Concello de O Irixo rematou as obras de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas (2020-2021, AGADER), no lugar de Alemparte (Loureiro); grazas a medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020. Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.
Con un investimento de 43.155,85 €, dos cales recibiu dos fondos FEADER 35.665,99 €
RENOVACIÓN ALUMEADO PÚBLICO
Co fin de mellorar a eficiencia enerxética, e con elo reducir o consumo de enerxía final e emisións de CO2 procédese a sustitución das actuais luminarias por outras de maios eficacia e con equipos de regulación e control, nos pobos de Alemparte, A Rúa, Alén, Lousado, Barro, Outeiro, Campeliños, Vilameá, Enfesta, Eirexe, Coucieiro, Bugalleira, Bugalleira de Arriba, Saavedra, Souteliño, Matelo e A Estación.
Proxecto financiado polo Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER), Economía baja en Carbono.