Se formas parte da Xunta Directiva dunha asociación veciñal do noso concello, isto interésache 👇
A Deputación vén de aprobar as bases para solicitar subvencións de ata 10.000 € para:
✅ Mercar equipamento inventariable necesario para a asociación
🔧 Realizar pequenas obras de mellora, accesibilidade ou eficiencia enerxética nos locais
💡 As actuacións deben realizarse no ano 2025 e estar adaptadas á realidade e necesidades da entidade.
📅 Prazo de solicitude aberto ata o 15 de xullo de 2025
📍 Presentación telemática a través da sede electrónica da Deputación: www.sede.depourense.es