Nueva pavimentación en la carretera de acceso al pueblo de Alemparte (Loureiro) 🚧

Nos últimos días realizouse a pavimentación con aglomerado en quente na estrada de acceso ao pobo de Alemparte, completando así a mellora integral iniciada semanas atrás coa limpeza do pavimento, acondicionamento dos márxes e mellora das cunetas e drenaxe.

Con esta intervención, garantimos unha vía máis segura, máis cómoda e preparada para durar moitos anos, favorecendo a mobilidade e a calidade das comunicacións no noso rural.

Esta actuación supón un investimento total de máis de 60.000 €, financiado a través do Plan Camiña Rural da Xunta de Galicia, e ademais de mellorar a calidade de vida dos veciños, tamén contribúe a revalorizar o pobo de Alemparte e o seu entorno, poñendo en valor o noso patrimonio rural.

📸 Compartimos imaxes dos traballos de asfaltado durante a súa execución.
(Nos vindeiros días amosaremos o resultado final).