Nuevo convenio de colaboración con la Consellería de Medio Rural

No marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, e cofinanciado

parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), a Consellería

do Medio Rural e o Concello de O Irixo asinaron un convenio de colaboración para desenvolver

accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025 e 2026. O

obxectivo principal deste acordo foi mellorar a eficacia na loita contra os lumes mediante a

coordinación institucional e o aproveitamento óptimo dos recursos dispoñibles.

No desenvolvemento deste convenio, estase a levar a cabo unha operación centrada en dúas

liñas principais de actuación: por unha banda, as tarefas de vixilancia e defensa fronte aos

incendios forestais; e por outra, os traballos de prevención mediante a xestión da biomasa en

áreas de risco. Para iso, púxose en funcionamento unha brigada composta por cinco persoas,

que permanece operativa durante un período de tres meses, comprendido entre o 7 de agosto

e o 6 de novembro. Esta unidade integrouse dende o primeiro momento no dispositivo de

emerxencias do Distrito Forestal do Carballiño, colaborando de forma activa nas tarefas de

detección, defensa e extinción de incendios.

Ao mesmo tempo, estanse executando labores manuais de prevención que inclúen traballos de

roza e a inspección do estado das parcelas pertencentes ás redes de faixas secundarias de xestión

da biomasa forestal. Estas actuacións complétanse coa elaboración dos correspondentes

informes de xestión, conforme ao disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa

contra os incendios forestais de Galicia.

Cómpre sinalar que o persoal participante foi previamente sometido a recoñecementos médicos

e a probas físicas de esforzo, co fin de garantir a súa aptitude para o desempeño das tarefas

asignadas. A documentación acreditativa destas avaliacións foi remitida ao persoal técnico do

distrito forestal antes do inicio da actividade operativa, garantindo así o cumprimento dos

requisitos establecidos.

Como resultado desta intervención, estase a reforzar a capacidade de resposta do Concello de O

Irixo fronte aos incendios forestais, reducindo a acumulación de combustible vexetal nas zonas

de maior risco e avanzando no cumprimento da normativa autonómica en materia de

prevención. Ademais, consolídase un modelo de colaboración eficaz entre a administración

autonómica e a local, contribuíndo á protección e sostibilidade do medio rural galego.