O 16 de maio faremos no Concello un tributo ás Letras Galegas 2025, adicado este ano ás cantareiras e ao cancioneiro popular galego, cunha mirada viva sobre as tradicións e historias que nos definen.
Esta homenaxe será a presentación do libro «O Irixo. Memoria viva e morrediza» de Xulio Dobarro Ferradás.
Un encontro co pasado e co presente da nosa terra a través da literatura, o teatro popular e a memoria colectiva.
O encontro terá lugar:
Día: 16 de maio
Hora: 19:00 h
Lugar: Casa do Concello do Irixo
Que mellor maneira de celebrar o día da nosa lingua que falando nela, dela e da nosa terra? Non faltes!
