Programa de promoción da igualdade e da prevención da violencia de xénero

Concello de O Irixo en Ourense

Os concellos de San Amaro e O Irixo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, levaron a cabo este o “Programa de Promoción da Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero”.


Este proxecto inclúe unha serie de actividades subvencionadas pola Unión Europea no marco das axudas para entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas parcialmente polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) dentro do Programa FSE + Galicia 2021–2027.

As actividades desenvolvidas incluíron unha ampla variedade de propostas que buscaron non só fomentar a igualdade, senón tamén previr a violencia de xénero a través de accións educativas e culturais.


Entre estas actividades destacaron as seguintes:
• Actividades deportivas en ambos concellos: estas actividades promoveron o traballo en equipo e o respecto mutuo, valores fundamentais para construír relacións igualitarias e saudables.


• Escola de autocoidados: estructurada en varios módulos, esta escola centrouse en fomentar a igualdade a través do autocoidado e a autoestima, especialmente entre mulleres de distintas idades. Os módulos abordaron temas como a xestión emocional, o empoderamento persoal, e a prevención de actitudes de dependencia emocional, contribuíndo a aumentar a confianza e a seguridade persoal das participantes.


• Teatros e talleres de xogos pola igualdade: mediante obradoiros de teatro e xogos educativos, fomentouse a empatía e o respecto polas diferenzas, promovendo a igualdade de xénero desde idades temperás e involucrando tamén ás familias e ao entorno educativo.

Con estas actividades, conseguiuse sensibilizar á poboación en torno á importancia da igualdade de xénero, fortalecer o papel activo das mulleres na comunidade e ofrecer ferramentas para identificar e previr situacións de violencia de xénero. O programa non só acadou unha elevada participación cidadá, senón que tamén xerou espazos de reflexión e debate, facilitando un cambio de mentalidade que favorece unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Compartir:

Facebook
Twitter
LinkedIn
MÁS NOTICIAS

MÁS NOTICIAS

ENTRENANDO AS CABECIÑAS

ENTRENANDO AS CABECIÑAS é un programa de talleres de estimulación cognitiva para persoas maiores de 50 anos. Organizado pola Mancomunidade dos Concellos da Comarca do

Nadal en O Irixo

Nadal en O Irixo

Anotade ben estas datas para non perder a oportunidade de participar nas actividades que organizamos dende o Concello de O Irixo. 🎄 Animádesvos a compartir

Axudas ao alugamento de vivenda

A partir do vindeiro luns día 15 de xaneiro comeza o prazo para a presentación de solicitudes, que estará aberto ata o 29 de febreiro.

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os dereitos reservados.