Tareas de limpieza

🧹 Seguimos coas tarefas de limpeza nas distintas parroquias e lugares do noso concello, dando continuidade a un traballo que xa vos fomos amosando en publicacións anteriores.

Nas últimas semanas estivemos a actuar en diferentes puntos do municipio para manter os nosos espazos máis limpos, seguros e acolledores, contribuíndo así á calidade de vida de tódolos veciños e veciñas.

📍 Ata agora, actuouse nas parroquias e lugares de:

Ciudade, Corneda, Dadín, Froufe, Reádegos, Loureiro, Espiñeira e Parada.

San Cosme de Cusanca (Segade, Eirexe, Subeirexe, Pedrouzo, Vixide, Barrocal e O Tellado).

Parroquia do Regueiro (A Candosa, Cerdeira de Arriba e Abaixo, Espiñeiros).

Xirei, Prexigueiro, Fontes, O Casar, A Castiñeira, Ribela, Cangues e tamén na contorna dos Petroglifos de Cangues.

🙏 O noso agradecemento a tódalas persoas implicadas neste traballo tan necesario, que contribúe a que O Irixo siga a ser un concello vivo, limpo e orgulloso das súas parroquias.

🌿 Porque coidar da nosa contorna é tamén coidar de nós.