Son terreos poblados por castaños (Castanea sp.) e algunha especie máis, propia do monte galego. En xeral, son formacións monoespecíficas prantadas polo home para a explotación da madeira, moi apreciada, e polo froito (ata a introducción da patata, a castaña era alimento básico da nosa poboación).
Nos soutos atopamos árbores moi vellas, de moitos centos de anos, con rodaxas gruesas e coas cicatrices das podas, dos inxertos e das queimas.
Unha práctica no cultivo do castaño é a formación de caracochas: córtas a arbore a pouca altura para aproveitar a madeira e queda un pé moi gordo e de pouca altura no que medran de novo as ramas. Nos soutos máis antigos de O Irixo, nas parroquias de Froufe e de Reádigos, pódense observar fermosos exemplares de castaño en caracocha.