POBO MÁXICO

Vive o Patrimonio Natural e Cultural en O Irixo

pobos máxicos O Irixo
O Irixo foi escollido en 2022 para adherirse á rede de “Pueblos mágicos de España” pasando a ser un dos pobos singulares e con encanto do noso país.
En Galicia só comparten esta categoría outras sete aldeas máis: Cambados, Combarro, Ribadavia, Portomarín, A Veiga, Seadur e A Pobra de Trives. Agora sumámonos nós.
A nosa orografía destaca polo contraste entre os picos Uceiro e pico Seco e os vales cubertos de monte. Visita obrigada aos castros de Corneda, Orros e Souteliño. Esta ruta, «que fai un percorrido etnográfico polos castros, crucerios, pontes, muiños e hórreos do concello» é a proposta dos conductores de Galicia Slow para saborear a maxia de O Irixo. O presidente de Pueblos Mágicos de España descríbeo como un conxunto de aldeas cada unha coa súa identidade, «todas nun vale extraordinariamente fermoso».
A iniciativa destaca o esforzo que fai o noso Concello por manter as súas tradicións e os productos locais.

Concello de O Irixo - Desarrollado por SOC - Smile & On Fire Comunicación © 2023. Todos os Dereitos Reservados