🎉 Dende o Concello do Irixo queremos dar os nosos parabéns a Violeta Baranda Pardo, gañadora do IX Concurso Literario Infantil e Xuvenil sobre a Protección de Datos 2025, convocado polo Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Xunta de Galicia.
A nosa alumna do CEIP Virxe da Pena da Sela, baixo o pseudónimo ‘Amapola’, destacou coa súa obra “O diario de Vega”. Neste relato, unha nena de 10 anos enfronta os desafíos de confiar en descoñecidos en liña, resaltando a importancia da protección de datos desde idades temperás.
Este logro enche de orgullo ao noso Concello. Grazas por poñer en alto o nome do Irixo e por facelo cun traballo con gran valor social, contribuindo á concienciación sobre a seguridade en internet.
Noraboa, Violeta! 👏🏻
Deixámosvos o enlace á nova completa:
https://www.farodevigo.es/ourense/2025/03/12/alumna-o-irixo-premiada-concurso-115195341.amp.html