25N: programación de actividades

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de novembro celebraráse no Concello do Irixo unha xornada aberta a toda a veciñanza. Agardámosvos para compartir, reflexionar e construír xuntas un futuro en igualdade.

🗓️ Programa:

🕒 10:30h: Visita á Residencia de Maiores, onde o noso veciño, Xesús Parada (Orros), lerá un poema 📜👴🏻🧓🏼

11:30h: acto central na Casa do Concello. Celebraráse no salón multiusos da Casa do Concello unha pequena reunión aberta a toda a veciñanza, onde a Concelleira de Cultura ofrecerá un breve discurso en contra da violencia de xénero.

Para finalizar, haberá unha chocolatada para todas as persoas asistentes, que poderán desfrutar mentres se conversa e se xera un ambiente de sororidade 💜

A túa presenza é fundamental. Sumémonos a esta loita!