Concello do Irixo
Localización
O municipio ourensán do Irixo, un dos municipios máis extensos de Ourense con unha superficie de 121 km², está situado ao noroeste da provincia e servindo de límite coa provincia de Pontevedra. A súa orografía está determinada polo contraste da montaña e os vales cubertos estes por densas e tupidas masas de coníferas e algunhas especies autóctonas. Os picos montañosos máis altos son o pico de Uceiro con 1.003 metros nos Montes do Testeiro e o Pico Seco, con 935 metros de altura na Serra do Faro.
O municipio ofrece a posibilidade de achegarnos ao seu pasado cun percorrido polos castros de Corneda, Orros e Souteliño, probas de poblamientos de fai miles de anos. Por outra banda, son varias as igrexas parroquiais que completan a oferta cultural que presenta O Irixo: Igrexa de Santo Estevo de Cangués, as igrexas de San Xoán de Froufe, Santa María do Campo, a parroquial de Reádegos e Santiago de Corneda, todas elas barrocas de considerable riqueza ornamental nas fachadas. A arquitectura relixiosa está representada tamén no municipio por distintos cruceiros e algún peto de ánimas en Loureiro, que por outra banda, proban a tradición canteira da zona.
A estrada OU-202 comunica os 11 quilómetros que separan O Irixo co Carballiño, capital da comarca. Atópase a 38 km aproximadamente da cidade de Ourense.
NOVAS
11/09/2020
O Concello de O Irixo rematou as obras de Mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas (2020-2021, AGADER), no lugar de Alemparte (Loureiro); grazas a medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020. Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.
Con un investimento de 43.155,85 €, dos cales recibiu dos fondos FEADER 35.665,99 €

Servizos
Onde a natureza é arte...
Revista de información municipal
Número 1. Primavera 2018
Número 2. Inverno 2019