COOPEROU 2026 – PROGRAMA DE GASTO CORRENTE E AMORTIZACIÓN


O Concello de O Irixo informa á veciñanza da súa participación no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais da Deputación de Ourense (CooperOU).


Este plan supón un importante apoio financeiro para o noso municipio.


A Deputación de Ourense subvenciona este conxunto de actuacións cun importe de 139.903,59€.


Investimento en servizos esenciais para a cidadanía


Os fondos do Plan CooperOU destinanse a financiar diversas actuacións e servizos clave para o desenvolvemento e benestar do Irixo.


Entre as actuacións financiadas atópanse:

  • Servizo de transporte en autobús.
  • Combustibles e carburantes.
  • Suministro eléctrico
  • Actividades culturais e deportivas.
  • Gastos de personal

Esta colaboración entre o Concello de O Irixo e a Deputación de Ourense é fundamental para mellorar a calidade dos nosos servizos e seguir impulsando a actividade no municipio.