O “Reto Rural Dixital” chega ao Irixo con dous cursos para non quedarse atrás. 📱
O Concello do Irixo, a través do programa “TODO por aprender – Reto Rural Dixital”, pon en marcha dúas formacións para que todos poidamos manexar a tecnoloxía de forma sinxela no noso día a día.
Cada formación está adaptada a un nivel de coñecemenos e habilidades concreto, para que todos poidan aprender, independentemente de cal sexa a súa relación coa tecnoloxía.
1️⃣ CURSO BÁSICO
📖 Contidos: Uso do smartphone, seguridade, redes sociais, creación de contidos e moito máis!
🗓️ Datas: 14, 15 e 16 de xaneiro de 2026.
2️⃣ CURSO AVANZADO
📖 Contidos: Uso responsable da tecnoloxía, seguridade en internet, Intelixencia Artificial e Infancia e tecnoloxía.
🗓️ Datas: 21, 22 e 23 de xaneiro de 2026.
📍 Lugar de ambos cursos: Casa do Concello.
🕒 Horario: 10:00h – 13:00h (O último día o horario é de 10:00h – 12:00h).
Lembrade que para asistir á formación é preciso estar empadroado/a nun municipio de menos de 5.000 habitantes.
👉 Non o dubides e inscríbete para seguir aprendendo! 😊