Día del Trabajador

Hoxe, 1 de maio, celebramos o Día do Traballador, recoñecendo o esforzo de todas e todos os que día a día constrúen un Irixo mellor.

O Irixo é rural, si, pero non só é terra. No Irixo, o traballador é quen atende o bar, quen abre a tenda, quen coida aos maiores, quen arranxa un tellado, quen sementa, quen cura, quen educa, quen ven para teletraballar e vivir comodamente.

Aquí cada persoa que traballa constrúe, sen sabelo, algo grande: un pobo vivo.

Hoxe, no Día do Traballador, queremos agradecer a todas esas mans que manteñen o Irixo en pé cada día. Sen elas, non seriamos quen somos.

Grazas polo voso exemplo. Grazas polo voso esforzo. Grazas por facer posible e formar parte dun rural con futuro.