A Secretaría Xeral de Igualdade, pertencente a Consellería de Emprego e igualdade da Xunta de Galicia, ven de conceder duas subvencións o Concello de O Irixo mancomunado co Concello de San Amaro, para os seguintes programas:
- Programa Concilia (impartido nas instalación do colexio de O Irixo), que engloba familias madrugadores e atención os cativos/as despois do horario escolar e ata as 8 da tarde.
- Campamentos de Nadal, Semana Santa e Verán (impartido nas instalacións do colexio de San Amaro), para facilitar a conciliación das familias en épocas non escolares.
- Actividade de sensibilización, información e difusión sobre a igualdade e prevención contra as mulleres. Coa realización de duas andainas, unha no concello de San Amaro e outra no concello de O Irixo, ambas organizadas baixo o lema «Camiña pola igualdade»