Servizos Sociáis
Os programas sociáis, unha atención preferente no orzamento municipal.
Os capítulos de transferencias de capital e de bens correntes e servizos son os de maior cuantía económica no orzamento municipal de O Irixo
O Concello do Irixo conta cun Centro de Información á Muller na Mancomunidade
[/special_heading]
Ubicación do CIM: Faustino Santalices, nº 10, entresolo. Teléfono: 988 53 10 76. Fax: 988 53 10 77.
Horario de inverno de atención ao público: De Luns a Venres, de 08:00 a 14:30.
Atención psicolóxica: Todos os días pola mañá. Martes de 15:00 a 19:00.
Atención xurídica: Venres de 8:00 a 14:30.
Atención da traballadora social: Todos os días pola mañá.
Obxectivos
- Proporcionar información, orientación e asesoramento en materia de muller a todo o colectivo feminino do concello bobarense e comarca
- Ofertar asesoramento xurídico en temática de separacións, divorcios, dereito de familia, violacións, abusos sexuais e malos tratos.
- Ofertar asesoramento e atención psicolóxica ás mulleres que o requiran.
- Sensibilizar ao equipo docente dos Centros Educativos potenciando os comportamentos igualitarios e solidarios nos propios centros.
- Orientar ás mulleres en materia de formación e inserción laboral.
- Potenciar as actividades de lecer e tempo libre das mulleres creando espazos propios para elas.
- Fomentar a participación sociocultural das mulleres.
- Promocionar a creación de asociacións e colectivos impulsados e dirixidos por mulleres.
equipo profesional
- Psicóloga: Proporciona apoio e atención psicolóxica ás mulleres que así o requiran, desenvolve tarefas relacionadas coa orientación laboral e realiza tamén diversas actividades de prevención e sensibilización coa poboación.
- Avogada: Presta información, orientación e asesoramento xurídico en diversos aspectos legais tales como separacións, divorcios, dereito de familia, violacións, abusos sexuais e malos tratos.
- Traballadora social: Informa, orienta e asesora sobre os recursos existentes, efectuando cando corresponda, as derivacións pertinentes. Xestión de diversas prestacións e servizos. Leva a cabo diversas actividades de prevención e sensibilización coa poboación.
ASESORAMIENTO, TRAMITACIONES DE PRESTACIONES E PROGRAMAS
- Orde de protección de vítimas de violencia doméstica.
- Tramitación de xustiza gratuíta.
- Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero.
- Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
- Quendas vacacionais para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (SGI).
- Estancias de tempo libre para mulleres que teñan fillos e fillas exclusivamente ao seu cargo (Instituto da Muller).
- Programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia doméstica.
- Programa de Teleasistencia móbil para vítimas de violencia de xénero.
- Programa municipal de orientación laboral.
- Renda Activa de Inserción.
- Axudas e subvencións para actividades realizadas por entidades destinadas á promoción da muller.
- Axudas a entidades sen ánimo de lucro de mulleres (SGI).
- Liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres.
- Subvencións estatais a entidades sen ánimo de lucro para a realización de programas de cooperación e voluntariado social.
- Axudas e subvencións a empresas para a elaboración de plans de igualdade de oportunidades.
Os días de atención ao público son de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
A traballadora social é Cristina Reinoso.
Telefonos para pidir cita previa: 988 287 400.
Correo electrónico: servizossociais@irixo.gal
O Concello do Irixo conta cun servizo gratuíto de conciliación familiar coa vida laboral, O Irixo Concilia, destinado ás familias con nenas e nenos matriculados no C.E.I.P. Virxe da Pena da Sela.
É un servizo de conciliación gratuíto, financiado ao 100% polo Concello do Irixo e pensado para axudar as familiar a conlevar o coidados dos/as fillos/as co traballo, así como mellorar e desenvolver a nivel educativo aos participantes.
O horario deste servizo e:
- Mañás: 8:30 a 9:30 horas
- Tardes: 16:00 a 20:00 horas
Desta maneira as familias poden deixar os/as seus/súas fillos/a no servizo segundo a súas propias necesidades, e no memos os/as cativos/as están atendidos por monitoras especializadas que ademáis de lles axudar a facer os deberes, programan unha serie de actividades dirixidas como manualidades, contacontos, xogos de mesa, deportes o aire libre…para facer divertida a súa estancia no mesmo os/as nenos/as que se quedan no mesmo.
Para máis información poden chamar as oficinas do concello ao 988 287 400 en horario de 9:00 a 14:00 horas.